Scroll to read more

O dominio para a lingua e culturas galegas acaba de superar as probas técnicas ás que o someteu a ICANN, a corporación que regula as direcións da Internet. Despois da aprobación da candidatura este verán e da firma do contrato este outono, esta proba era o último trámite cara a delegación definitiva do .gal .

As probas superadas agora, denominadas Pre Delegation Test, demostráronlle a ICANN que a Asociación puntoGAL está preparada para manter os sistemas de funcionamento do dominio. puntoGAL demostrou, entre outros aspectos, que o seus sistemas funcionan con IPv4 e IPv6,  tanto vía TCP como a través dunha interface web e traballan co novo estándar «Root Key Signing Key» e coñecido como DNSSEC.
Superadas estas probas, só queda agardar á delegación do dominio, o proceso polo identificador entra en funcionamento na raíz do DNS, o sistema que permite o funcionamento  das direccións da Internet.
De acordo á experiencia doutros dominios, a delegación do puntoGAL pode a finais de xaneiro ou durante o mes de febreiro. Unha vez incorporado o .gal á Rede, a Asociación poderá comezar a aceptar peticións para o rexistro de dominos .gal.
A Asociación puntoGAL está a redactar arestora as normas que rexirán este proceso, de acordo as directrices de ICANN.  As normas para delimitar estes colectivos de acceso prioritario serán públicas e transparentes. Estas normas serán publicadas coa máxima antelación posíbel antes de abrir o proceso de solicitude de dominios.
Co .gal poderanse identificar todos os sitios que empreguen o galego, ou fomenten o desenvolvemento da comunidade galega nas comunicacións en liña e da súa cultura.